A Costa da Morte precisa un proxecto coordinado para atender o turismo de autocaravanas.
O responsable de Autocaravanas Costa da Morte David Abelenda ten moi claro que a resposta que están dando os concellos da Costa da Morte ante o incremento do turismo de autocaravana na comarca é insuficiente.
Algúns concellos empezan a tomar en serio o tema conscientes do beneficio que deixa na economía local e xa teñen proxectos de areas específicas para este tipo de vehículos, pero non existe un proxecto conxunto, nin un estudo comarcal para determinar os lugares e os servizos precisos.
En zonas como Nemiña ou Soesto debe actuarse de xeito urxente pero é necesario un estudo máis amplo, coordinado dende un entre supramunicipal como a CMAT. A asociación de Turismo ten como socios a tódolos concellos da zona e a capacidade para coordinar as accións necesarias para proporcionar uns servizos de calidade a un tipo de turismo que está experimentando un forte incremento nos últimos anos e todo indica que continuará medrando.