#AulaSenCovid, a campaña de A Granda que reivindica as preocupacións pola volta ó cole
Para a ANPA do centro o protocolo proposto pola Consellería de Sanidade está "incompelto"

Ante febres u diarreas os pais deberán poñerse en contacto co pediatra / Pexels

Lugo
Menos de quince días faltan para regresar ás aulas e o protocolo non convence a pais e nais. Dende a ANPA de A Granda, en Muimenta, considéranno incompleto e escaso. "Vemos que non se contemplan ós alumnos con patoloxías coma podeen ser a diabetes, as cardiópatías, asmáticos... estes cativos non poder correr risco de contaxios", explica Susana Iglesias, Vicepresidenta da ANPA de A Granda.
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Nace en Muimenta a campaña #AulaSenCovid
Coa motivación de facer ver as necesidades das aulas, dende a ANPA deste centro poñen en marcha a campaña en redes sociais #AulaSenCovid. A idea é que cada proxenitor comparta en redes sociais unha foto e, baixo este hashtag, exprese a súa preocupación pola volta ó cole. "Está funcionando moi ben", asegura Iglesias. A acollida por parte doutras ANPAS foi "estupenda" e tanto pais coma nais sumáronse rapidamente a iniciativa.
As preocupacións hainas moi variadas. Dende o funcionamento da aula burbulla ata con quen deixar os cativos se dan positivo ou se teñen sintomatoloxías. "Moitos deles están cos avós mentres nos traballamos e se os maiores son grupo de risco, ¿Como facermos ante un positivo?", cuestiona.
Revisando o protocolo chama a atención, si, "que non se respete a distancia de seguridade nas aulas", exclama. É e que segundo explica Susana Iglesias, "miden a distancia dende o centro dunha cadeira á outra e non se teñen en conta os pupitres, que quedan pegados", subliña.
Poñen o foco, tamén, sobre o tempo de lecer dos pequenos. "Na súa formación entra o xogar entre eles, abrazarse, relacionarse... se non o van facer ¿cal será a solución?", lamenta. Ademais serán os pais os responsables de decidir que facer ante unha posible sintomatoloxía. "O protocolo explica que se o cativo ten febre ou diarrea que se deixe na casa e se chame ó pediatra e que agarde durante dúas semanas na casa, pero claro durante os meses de inverno estamos abonados ós catarros".
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo




