Deportes
FÚTBOL

A Real Federación Galega de Fútbol Bonifica as cotas da mutualidade con medio millón de euros

A Real Federación Galega de Fútbol, quere paliar os desaxustes provocados polo COVID-19 nos clubs galegos

A Real Federación Galega de Fútbol bonifica as cotas da mutualidade con medio millón de euros para paliar os desaxustes provocados pola COVID-19 / RFGF

A Real Federación Galega de Fútbol bonifica as cotas da mutualidade con medio millón de euros para paliar os desaxustes provocados pola COVID-19

Ourense

A Delegación Galega da Mutua aplica un desconto lineal do 10,5% en todas as categorías tras o acordo aprobado pola Mutualidade Española.

Outra medida de axuda aos clubs é manter o pago fraccionado en dous prazos, que esta tempada afecta ás licenzas tramitadas antes do 19 de outubro. O segundo prazo poderá facerse efectivo ata o 21 de decembro.

A Xunta Directiva da Real Federación Galega de Fútbol é moi consciente das dificultades económicas que van ter que afrontar os clubs unha vez que se poida volver á práctica deportiva. É evidente que a prioridade non é outra que a saúde de todas as persoas e que todos debemos seguir empeñados en combater esta maldita pandemia que por desgracia continúa entre nós. Pero do mesmo xeito debemos estar confiados en gañar esta batalla máis pronto que tarde e por iso temos que estar preparados para  que o fútbol volte ás nosas vidas. É por iso que na RFGF se está a traballar en todos os ámbitos para que cando esa volta levar a cabo estea disposto para elo.

O COVID-19 supón unha nova proba de xestión para a actual directiva da delegación galega da Mutualidade, que xa de seu estaba e estará moi marcada para os próximos anos, como consecuencia da herdanza recibida do anterior equipo directivo e da coñecida sentenza Aegon, pola cal se condenou á Mutualidade ao pago de 1,5 millóns de euros.

E outra medida importante é a de manter o pago fraccionado do seguro deportivo. Un fraccionamento que este ano aplícase dun modo máis beneficioso para os clubs, posto que o abono efectivo do segundo prazo (o 40% da cota) poderase realizar ata o 21 de decembro, e non ata o 30 de novembro como era nas tempadas anteriores. Ademais, dado que o inicio da competición prevese máis tardío, o pago fraccionado afectará a todas aquelas licenzas que se tramiten ata o 19 de outubro.

En defenitiva, medidas todas elas que buscan, na medida das posibilidades da RFGF, colaborar cos clubs para facer fronte aos efectos económicos que traéra consigo a crise sanitaria provocada pola COVID-19.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00