Sociedad | Actualidad
Cabana de Bergantiños

2500 estudantes visitaron o Dolmen de Dombate en Cabana de Bergantiños

Dolmen de Dombate / Cabana de Bergantiños

O Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate recibiu nos últimos meses a visita de máis 2500 estudantes procedentes de centros educativos de toda a provincia da Coruña. Dende o 1 de marzo ata o 20 de xuño visitaron o xacemento cabanés e tiveron a oportunidade de participar en obradoiros gratuitos de cerámica, pintura, caza e tecido, entre outras disciplinas, impartidos por Galipat.

Como ben sendo habitual moitos centros escolares repiten a experiencia todos os anos e aproveitan o desprazamento para descubrir o Castro de Borneiro. O obradoiro preferido polos alumnos de infantil é o de pintura, mentres que os de primaria se decantan pola cerámica e música, mentres que os de estudantes de secundaria escollen o taller de caza, que se desenvolve no campo anexo ao Dolmen de Dombate.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00