Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Actualidad
Corcubión

O BNG reclama que a SAREB ceda a antiga fábrica de salgadura de Quenxe en Corcubión

Néstor Rego / BNG

O Bloque Nacionalista Galego vén de solicitar no Congreso que se realicen as xestións pertinentes para chegar a un acordo co SAREB para a cesión gratuíta da fábrica de salgadura situada ao carón da praia de Quenxe, no concello de Corcubión, para que se poda incluír no sistema xeral de espazos libres polo seu alto valor cultural, ambiental e paisaxístico, declarando a súa utilidade pública e o interese xeral da súa protección.

O BNG denuncia que os terreos que ocupa actualmente a fábrica de salgadura da zona de Quenxe, que foran construídos en virtude dunha concesión de terreo da zona marítima-terrestre, non foron devoltos unha vez paralizada a actividade. No entanto, incumprindo a legalidade, os terreos pasaron a ser de titularidade privada, figurando agora como propiedade da SAREB.

O deputado Néstor Rego explicou que “será preciso subscribir un acordo co SAREB para a cesión gratuíta da finca na que se sitúan as ruínas da antiga fábrica de salgadura de Quenxe” para póla ao servizo da comunidade, que podería utilizala como zona de ocio.

Os nacionalistas ven necesario unha intervención para recuperar ese entorno degradado e a rehabilitación e posta en valor como patrimonio histórico, ao representar unha parte importante do pasado industrial e cultural desta vila, mellorando así o atractivo turístico da zona e reforzando a economía local. “Coa restauración deste solar en ruínas recuperaríase unha construción singular do patrimonio material e inmaterial e converteríase ese espazo urbano abandonado nun lugar de ocio, mellorando a calidade ambiental e o atractivo cultural do concello de Corcubión” salientou Néstor Rego.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00