Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Actualidad
A Costa da Morte

Sanidade amplía as restricións a Carballo, A Laracha e Sta. Comba por mor do aumento de casos e coronavirus

segas / sergas

segas

A Xunta ven de anunciar novas restricións nas zonas na que a COVID-19 está tendo unha maior presenza. Entre os concellos que ven ampliadas estas medidas están dous concellos da Costa da More, o e Carballo e o da Laracha xunto co concello xalleiro de Sta. Comba.

Entre as medidas, que empezarán a aplicarse esta media noite, destacan:

  • Quedarán limitados a un máximo de dez persoas os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento, sexa na vía pública ou espazos privados, excepto que se trate de persoas convivintes.
  • Os locais de hostalería non poderán superar o 50% da súa capacidade tanto no interior do local como nas terrazas. Non se permitirá o consumo en barra.
  • Deberán permanecer pechados os establecementos de ocio nocturno.
  • Os velorios poderán realizarse cun máximo de 25 persoas en espazos ao aire libre e de 10 persoas en espazos pechados.
  • A asistencia a lugares de culto non poderá superar o 50% da súa capacidade e non se permitirá empregar o exterior de edificios nin a vía pública para a celebración de actos relixiosos.
  • As feiras non poderán superar o 50% dos postos habituais autorizados.

Unha vez coñecidas as novas medidas o concello de A Laracha ven de anunciar as decisións que tomarán a raíz das restricións da Xunta.

Suspensión de todos os actos culturais e recreativos das Festas dos Milagres de Caión. Ademais, unha vez postos en contacto co párroco de Caión, acordouse que as misas previstas inicialmente no Santuario dos Milagres celebraranse na súa totalidade na Igrexa Parroquial e cumprindo estritamente o aforo máximo do 50% da capacidade.

A feira de Paiosaco do próximo domingo limitarase á venda de produtos de alimentación e do campo. Os postos outorgaranse por orde de chegada e deberán ser instalados baixo supervisión municipal. O recinto permanecerá valado e controlaranse os accesos para cumprir o aforo máximo.

A praia de Caión e a área recreativa de Gabenlle permanecerán abertas ao público, pero coa restrición xeral dun máximo de dez persoas por grupo.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00