Agosto, o peor mes na propagación do coronavirus na Costa da Morte.
A situación na comarca respecto ao covid-19 segue empeorando cada día, os ingresados no hospital de Cee por coronavirus subiron de 4 a 7 nas últimas 24 horas, unha subida significativa e preocupante xa hai poucos días non había ningúnha persoa hospitalizada por este motivo no hospital ceense. Ademáis vanse coñecendo algúns datos por concellos, o de Carballo confirmaba 77 casos activos a día de hoxe e o de A Laracha son 31.
A día de hoxe a situación na Costa da Morte é moi distinta con respecto ao comezo do verán. Os datos, segundo fontes sanitarias, din que entre o 26 de Mayo e o 18 de Xullo non houbo ningún caso positivo en toda a comarca, a cousa cambiou radicalememte no mes e agosto nalgúns concellos. Por exemplo Vimianzo, onde ao longo do pasado mes houbo 18 casos activos de coronavirus, en Cee foron 16. Ponteces tivo en agosto 11 positivos, numero que se incrementou nos primeiros días de setembro chagando a 18 segundo publicou o concello. Outro dos concellos que está ofrecendo datos actualizados é Laxe con 8 membros dunha familia positivos en COVID a día e hoxe, ainda que ese número chegou a 12. durante agosto. As cifras son menores no resto de concellos, as mesmas fontes confirmans que, durante o pasado mes, houbo 3 casos en Zas e Cabana, 1 en Dumbría, Fisterra e Muxía e ningún ao longo de todo agosto en Camariñas ou Corcubión,.
O importante número de casos levou á Xunta a tomar medidas e dende esta pasada media noite xa se aplican as novas restricción a casusa da COVID nos concellos de Carballo, A Laracha e tamén Sta. Comba. Entre as medidas están a limitación de grupos a un máximo de 10 persoas, a limitación de aforos ao 50% en locais comerciais, hostalería ou bibliotecas, a prohibición de consumir na barra, reducción de aforos en velorios, lugares de culto e ceebracións, o peche das residencias e centros de día e o uso obrigados de mascaras en ximnaxios.