Deportes
XIMNASIA

Readaptación á situación COVID-19

Protocolos propios revisados e aprobados polos organismos pertinentes

Readaptación á situación COVID-19. (foto de arquivo C.X.Pavillón Ourense) / Club Ximnasia Pavillón Ourense

Readaptación á situación COVID-19. (foto de arquivo C.X.Pavillón Ourense)

Ourense

Desde os inicios do confinamento o equipo técnico do Club Ximnasia Pavillón puxo todo o seu empeño en dous obxectivos principais:

1- Que os distintos grupos de distintos niveis non perderan a cohesión e contacto entre eles e cos seus adestradores.

2-Que tivesen unhas rutinas horarios de exercicio físico.

3- Apoio nos períodos de crise e desmotivación dos e das deportistas.

Así con vídeos, reunións e adestramentos on-line etc etc...os e as ximnastas, desde os grupos de escola ate os de competición nacional estiveron en contacto e mantiveron a esperanza nunha nova normalidade.

Tan pronto os protocolos do CSD como os propios da Xunta o permitieron ese mesmo equipo técnico reuniuse para elaborar un protocolo exhaustivo que permitise comezar o adestramento en ambas modalidades con toda a seguridade que requiría o momento.

Co protocolo elaborado e aprobado e unha encargada de protocolo adestradora e profesional sanitaria, despois de contar con asesoramento de traballadores do departamento de saúde laboral e despois de algunha xornada de traballo adaptado e polideportivo Campo da Feira con sinalizacións, divisións por parcelas, circuítos de paso, etc a actividade presencial deu comenzo.

Os primerios grupos en incorporarse aos adestramentos, con un deseño de parcelas e todas as medidas de protección necesarias foi a modalidade de Rítmica cos seus equipos de nivel nacional, incorporando pouco a pouco dun xeito progresivo incluso aos equipos de nivel escolar.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00