Deportes
CD Lugo

O CD Lugo vence ó Leganés por 2-1

O regreso ó Anxo Carro dos de Juanfran García foi por todo o alto: vitoria ante un dos gallitos da categoría

Gerard Valentín durante o Lugo-Leganés / cd lugo

Lugo

Con cambio de banco e ceo gris, así recibía o Anxo Carro ós seus heroes no comezo en casa da súa novena tempada consecutiva na Segunda División. Juanfran García avogaba por un fútbol conservador, e por un once con bastantes variacións con respecto ó equipo visto sobre o Fernando Torres. Mantivo o mister a idea dos tres centrais, entrando Pedro por Pita, e tres homes no centro do campo, desta volta con Puma e Iriome no lugar de Hugo Rama e Borja Domínguez buscando abrilo campo.

O balón era do Leganés, mais os albivermellos xeraban unha maior sensación de perigo. Especialmente nas xogadas a balón parado que sacaba Rodríguez, pero así é a División de plata: Un despiste, un gol

Campabadal quedaba enganchado cando os seus compañeiros tiraban no fora de xogo. Gaku enviaba un balón milimétrico á espalda da defensa e Sabin Merino anotaba a sangue fría o primeiro tanto do partido Tan fría coma a celebración do gol ó ver a bandeira do linier levantada.

O VAR corrixía a decisión do asistente e o Anxo vivía a celebración do primeiro gol da campaña en diferido, alo cada vez máis habitual no fútbol do video arbitraxe.

Os albivermellos desinfláronse a raíz do tanto que os colocaba detrás no marcador, pero o disgusto non estaba so no electrónico. A piques de chegar o remate da primeira parte, Iriome retirábase do campo levando a mán á parte posterior do cuádiceps dereito. Saída que permitíu voltar ver o tan aclamado Gerard Valentín vestindo a albivermella.

Pero quen a segue, a consegue. E Rodríguez levaba tentando a sorte dende o primeiro momento.  Valentín íbase de tres, poñíaa atrás para o Panameño que, sen dubidalo, disparaba, batía na defensa do Leganés e aproveitando o rechace, materializaba a ocasión.

Coas táboas no marcador, o CD Lugo tiraba de honor para facer efectiva a remontada. Foi un penalti sobre Gerard Valentín o que puxo a guinda ó pastel no regreso a casa dos lucenses. Por segunda vez nos 90 minutos de partido, o VAR interviña no partido para que o colexiado revisase a clamorosa falta dentro da área. Un tranquilo Manu Barreiro colocábase no punto de penalti e traía a felicidade ó estadio albivermello no 85.

Así selan os amurallados os primeiros tres puntos da tempada, ante un rival de primeira. Deixando claro que isto é Lugo e aqui hai que sachar.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00