Ethel Vázquez evita comprometerse a rematar a autovía esta lexislatura
Entrevista a Ethel Vázquez (23/09/2020)
24:07
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1600867596_688129/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
A conselleira de infraestruturas e mobilidade cualifica de histórico o cambio no transporte público que se puxo en marcha este pasado sábado con 3 novos contratos e 186 liñas novas que inclúen a utilización do transporte escolar e o trasporte a demanda. Unha revolución no servizo, asegura vázquez, que fomentará a mobilidade tanto internamente na comarca como con cidades como Coruña e Santiago.
Outra das Vantaxes que destaca a Conselleira son as axudas para menores de 21 anos.
A modernización do servizo pasa tamén por mellorar a información sobre horarios e paradas. Neste Sentido xa está operativa a plataforma Web www.Bus.gal.
A conselleira falou tamén da Autovía da Costa da Morte apuntando ao goberno central e aos fondos de recuperación imprescindibles para poder continuar coa construción da autovía. Evitou calquera compromiso sobre o remate da obra nesta lexislatura.
Tampouco hai cambios sobre a quen lle corresponde a construción do enlace co polígono de Vimianzo, para a xunta debe ser o promotor do polígono, non a Xunta.