Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Ocio y cultura
Literatura

Berta Dávila volve a gañar o Premio de Narrativa Breve Repsol

A autora galega obtén con Illa Decepción o galardón da Fundación Repsol e a Xunta de Galicia

Premio de Narrativa Breve

Premio de Narrativa Breve / Fundación Repsol

Premio de Narrativa Breve

A Coruña

Berta Dávila é a gañadora do Premio Narrativa Breve Repsol coa obra " Illa Decepción". É a segunda vez que a escritora compostelá consegue alzarse con este galardón convocado pola Fundación Repsol e a Xunta de Galicia. En 2013 gañou o certame con "Ou derradeiro libro de Enma Olsen". O premio está dotado con 12 mil euros.

Nueva APP de Cadena SER

Descubre la nueva app de Cadena SER Te ofrecemos una mejor experiencia de audio y video

Descargar

Dávila está de sorte xa que acaba de gañar o Premio da Crítica 2019 na modalidade de narrativa en lingua galega, outorgado pola Asociación Española de Críticos Literarios. O xurado do Premio Narrativa Breve Repsol elixiu por unamimidad " Illa Decepción". Os seus integrantes descríbena como unha novela de autorepresentación, na que a autora navaga polos lugares cotiáns cunha "delicadeza estilística de gran elegancia", segundo manifestou o seu portavoz, Anna Figueiredo. Berta Dávila expón cuestións de gran calado en relación á familia, as relacións interpersoais, a maternidade e a pertenza a un lugar e a unha comunidade, subliña o xurado.

CALIDADE E ALTA PARTICIPACIÓN

O xurado do certame incide no alto nivel de participación, a calidade de moitas das novelas presentadas e a variedade de temas, rexistros e estilos propostos. O libro de Dávila será publicado pola Editorial Galaxia. Ao acto no que se deu a coñecer o premio asistiron o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, a directora da Refinería de Repsol na Coruña, Natalia Barreiro, o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, a portavoz do xurado, Anna Figueiredo, o director xeral de Galaxia, Francisco Castro e o presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estás escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir