Operativo da Policía Nacional en Cee
Deteñen a un cidadán turco residente en Cee por orde da Audiencia Nacional

Dispositivo policial / Radio Nordés

Cee
A Policía Nacional desenrolou un operativo en Cee que rematou coa detención dun cidadán turco residente na vila da Xunqueira. Os feitos tiveron lugar a última hora de onte mércores ás portas dun céntrico supermercado situado na Avenida Fernando Blanco. Axentes de paisano procederon á detención dun cidadán turco reclamado pola xustiza do seu país por un delito relacionado co tráfico de drogas.
A veciñanza de Cee foi sorprendida cando os axentes procederon a actuar para deter a este individuo reclamado pola xustiza. Segundo fontes da investigación, sobre o detido pesaba unha orde de extradición ao ser reclamado pola xustiza turca para cumprir unha pena de cárcere.
A primeira hora desta mañá o detido foi trasladado aos xulgados de Corcubión custodiado por un chamativo operativo policial. Alí espera para prestar declaración antes de ser extraditado a Turquía..




