'750 anos construíndo a historia de Pontedeume'
Permanecerá aberta ata o día 4 de novembro
A Coruña
A exposición é un dos eixos principais dos actos conmemorativos dentro da programación realizada para a celebración dos 750 anos da fundación da vila de Pontedeume resultante da concesión mediante Carta-Póboa do rei Afonso X con data 30 de decembro de 1270.
Más información
A exposición, comisariada por Carlos de Castro Álvarez, Juan Coira Pociña e Adrián Ares Legaspi, amosa o traballo de recopilación documental realizado durante os últimos meses que ten como obxectivo difundir a importacia da historia e patrimonio de Pontedeume e no que se poderá consultar documentación orixinal e reproducións vinculadas directamante coa vila eumesa procedentes tanto do Arquivo e Biblioteca Municipal como dos Arquivos ubicados na Biblioteca de Valladolid, Catedral de Santiago, Casa de Alba, Arquivo Histórico de Protocolos Notariais da Coruña, Diocesano de Santiago, Arquivo Histórico Nacional, Museo de Pontevedra, Real Academia Galega, Arquivo do Reino de Galicia, Arquivo Xeral de Simancas, Biblioteca Nacional de España e Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento-CSIC.
A exposición de carácter documental e audiovisual conceptualizada e articulada en 16 espazos fará un percorrido pola historia de Pontedeume, destacando aspectos como a orixe da ponte de pedra e as súas primeiras mencións documentais, a importancia da existencia dos mosteiros na nosa comarca, a Carta-Póboa, A Casa dos Andrade e o seu mecenado, a evolución desde un estado da Familia dos Andrade ata a aparición dos concellos, as Revoltas Irmandiñas, a transformación morfolóxica da vila, os grandes incendios de 1607 e 1621, a importancia das peregrinacións na difusión da cultura e o desenvolvemento económico e urbano dentro do Camiño Inglés, o protagonismo feminino dentro da historia de Pontedeume,a relevancia do Arcebispo Rajoy e Losada, as actividades económicas históricas máis importantes (canteiros, curtidos, pesca, etc...), a importancia do porto de Pontedeume incluído nas rutas de comercio desde o século XIII ata o século XVI, así como a o dos historiadores que a longo dos séculos realizaron unha recopilación integral da historia da nosa vila.
"É toda unha aportunidade de achegarse a historia da vila de Pontedeume dunha maneira didáctica e amena nunha exposición que amosa o compromiso do Concello de Pontedeume coa riqueza documental, histórica, patrimonial e cultural nunha data tan importante como son os 750 anos desde a súa fundación", sinala o goberno municipal.
De maneira paralela os vindeiros 23 3 24 de outubro terán lugar as Xornadas de Historia Local para o que xa está aberto o prazo de preinscrición que se pode realizar na Oficina de Turismo (Torreón dos Andrade) ou no teléfono 981430270.




