Deportes
XADREZ

O Xadrez Ourense ascendeu a División de Honra

O Xadrez Ourense tras ter a cadado o subcampionato da primeira división nacional, ascendeu a división de honra

O club Xadrez Ourense, ascendeu a División de Honra / Xadrez Ourense

Ourense

O ascenso a División de Honra do Club Xadrez Ourense, quere que sexa unha homenaxe de todo o equipo a Clemente Jiménez Aisa e a Manuel Villar Fernández, se hai equipo hoxe en Ourense na División de Honra é grazas a eles.

O Club Deportivo Xadrez Ourense accede a máxima categoría do xadrez español, a División de Honora, tras ter acadado o subcampionato da Primeira División Nacional, na competición rematada o pasado 9 de outubro, en unha liga composta de 8 escuadras de toda a xeografía española.

O conxunto do Xadrez Ourense, conta con unha columna vertebral de ´´ pura cepa´´ Ourensán, con Iván Salgado como xefe de filas, os irmáns David e Adrián Gómez Diéguez o moi novo Martín Gómez Carreño. Todos eles como parte fundamental do sexteto titular, apoiados polo gran mestre italiano Sabino Brunello, o G.M. Coruñés David Lariño, o M.F. luso, Luis Silva, a hispana-cubana e ourensá de adopción Yudania Hernández, xunto cun tridente de veteráns que nin siquera foi necesario facer ´´ debutar´´, José Saavedra, Elias González e Andre Hernández, foron os principais artifices dun subcampionato de liga que representan un histórico ascenso para Ourense e para o noso deporte.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00