Miércoles, 28 de Octubre de 2020

Otras localidades

LA VENTANA DEL CINE LA VENTANA DEL CINE La crítica de Boyero de 'La voz humana', el cortometraje de Almodóvar
A Costa da Morte

Fisterra, a fin do mundo, como punto de partida

'FInisterrae, o último ultramarinos', teatro sobre A Costa da Morte e a España da centrificación, a do contraste entre as cidades e o rural

Parte de la escenografía de Finisterrae, o último ultramarinos

Parte de la escenografía de Finisterrae, o último ultramarinos / Produccións teatrais Alakran

Berto e Mónica son dous veciños da Costa da Morte. El rexenta, do mesmo xeito que sempre o fixo a súa familia, un ultramarinos dos de toda a vida, e no seu mostrador ve como cada vez menos xente se achega a comprar, porque os veciños marchan á cidade para labrar o seu futuro. Mónica foise un día da súa vila e despois de non ter moi boas experiencias nesas cidades ás que todo o mundo quere ir, está de volta ás súas.

A historia de Berto e Mónica escribiuna María Lado, e Producións Teatrais Alakran levouna á escea esta fin de semana en Vimianzo en forma de sombras chinescas mesturadas co traballo actoral do fundador da compañía Borja (Berto) e de Celtia (Mónica) .

A súa historia é a de moitos galegos, aínda que Borja Ínsua lembra que "tamén é a da España da centrificación, a do contraste entre as cidades e o rural", ese rural no que se atopa Finisterrae, o ultimo ultramarinos, cuxo nome serve como inspiración e tema do A Vivir As Rías.

A fin do mundo, como punto de partida

E moito ten que dicir sobre Fisterra Tito Concheiro, o atropólogo que nos acompaña cada sábado. É para el "un lugar emblemático, un dos embigos das grandes culturas, que naceu cunha mística moi especial, forma parte do mito fundacional de Galicia, que é o camiño de Santiago". Prefire o termo Fisterra o da Costa da Morte, que "fixo moita marca turística, pero na vida cotían da xente que sufriu aqueles acontecementos non gusta tanto, o mar víase coma fonte de subsistencia, pero tamén coma unha forza indomable que non respetaba nada e levaba a xente por diante". Como exemplo desta dor, lembra o Ceminterio de César Portela en Fisterra, "un proxecto maiúsculo pero que foi un fracaso porque os mariñeiros non se enterran mirando ó mar".

Fisterra non é o fin do mundo, di Concheiro que "pode ser o comezo", o punto de partida, era o dique no que se proxectaban as naves que levaron a milleiros de galegos a crear a Galicia americana".

De Fisterra a Youtube

Paula Alonso, que se encarga dende a súa Clínica da radio e a televisión de recomendarnos películas, series, programas de radio ou libros, fálanos esta fin de semana de 'Finisterre, donde termina el mundo', unha película de Xabier Villaverde, protagonizada por Nancho Novo Enrique Alcides, Elena Anaya e Geraldine Chaplin. Na súa metraxe, Fisterra só aparece nos primeiros minutos, pero para Alonso, a película paga a pena.

Outros títulos que a nosa colaboradora asocia, xa máis coa fin do mundo que con Fisterra como tal, son: 'Dunkerque' de Nolan, 'Altered Carbon' (Netflix), 'The leftovers' (HBO) e 'The End of the fucking word' (Netflix).

Finisterrae, ultramarinos e supercomputadoras

Coma última curiosidade sobre o xeito de ver Fisterra no A Vivir Las Rías, Marcus Fernández nos fala da supercomputadora Finisterrae que se atopa no CESGA da USC.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?