Fútbol | Deportes
FÚTBOL

A RFGF mantén a liña de axudas comprometida para a financiación dos test cos clubs de preferente

O presidente da Federación entrevistouse onte con José Ramón Lete e co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias

A RFGF mantén a liña de axudas comprometida para a financiación dos test cos clubs de Preferente e pide colabocración á Secretaría Xeral para o Deporte e á FEGAMP / RFGF

Ourense

A día de hoxe a Preferente Galicia é a única categoría activada do fútbol autonómico logo de que a maioría dos clubs votasen a favor de iniciar a competición según o plan presentado pola RFGF.

A Real Federación Galega de Fútbol continúa co seu plan de manter reunións con todos os clubs de Galicia para coñocer de primeira man a súa opión sobre a viabilidade do inicio das competicións no fútbol de ámbito autonómico. No que se pode considerar unha gran Asemblea do Fútbol Galego, a Federación está a consultar a todos os clubs en reunións presenciais que agora volven ser telemáticas debido ás restriccións aprobadas polas autoridades sanitarias.

Precisamente esta asemblea global do fútbol galego comezou cunha  reunión cos clubs de Preferente na cal a maioría votou a favor de iniciar a competición según o plan presentado pola RFGF, sempre e cando o permita a situación sanitaria. Un plan que segue en marcha malia que podería variar a data de inicio se fose necesario porque o calendario ofrece marxe de maniobra nese sentido.

Louzán, sinalou que a Federación fará ese esforzo económico co fin de axudar aos clubs a afrontar ese sobrecuste que representa o cumprimento dos protocolos.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00