Lunes, 30 de Noviembre de 2020

Otras localidades

CB breogan

De confirmarse un único positivo no Breogán, xogaríase o partido en Riazor

Tito Díaz asegura que "xa están activados os protocolos" e ve unha vantaxe o feito de ter os mércores sen partidos marcados

Tito Díaz é optimista e agarda que haxa público ante o Valladolid

Tito Díaz é optimista e agarda que haxa público ante o Valladolid / CB BREOGAN

O CB Breogán xa ten activado o protocolo marcado pola Federación Española de Baloncesto (FEB) tras detectar un positivo entre os seus xogadores. "Demos parte á FEB e tamén a sanidade pública. Os xogadores xa realizaron as probas PCR para ver se falamos só dun único positivo ou non. Ademais atópanse illados nas súas casas", explica Tito Díaz, Director xeral da entidade.

Pese a contar coa hixenización do Pazo e de seguir "estrictamente" as pautas marcadas, "os xogadores fan vida social" e corren o risco de todo mortal de entrar en contacto coa Covid-19. Con todo, toca ver o vaso medio cheo. A vantaxe de que a alarma saltase esta semana é que o encontro ante o Tizona xa estaba aprazado, polo que hai marxe de mellora. Ademais, se as PCR confirman un único positivo, "ata o de agora asintomático", poderíase viaxar a Coruña para o derbi datado no 31 de outubro.

A alerta vermella decretada en Lugo e as restriccións estipuladas en Galicia dificultan a sistencia de breoganistas no Pazo. Con todo, o CB Breogán non perde a esperanza de que no partido ante o Valladolid "poidamos ter público", confiaba Tito Díaz.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?