O Consello Municipal destina 670. 000 euros a axudas a equipos base da cidade
As subvencións apoio a 76 entidades que suman 9. 232 licenzas, das que o 70% son menores de idade
Ourense
O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense dará apoio económico para fomentar o deporte de base na cidade a un total de 76 entidades deportivas de 28 disciplinas diferentes. O Consello Reitor aprobou por unanimidade na súa sesión desta mañá a resolución da convocatoria de subvencións para a tempada 2019/2020, dotada con 670.000 euros. As axudas daranlle apoio a uns clubs que suman 9.232 licenzas deportivas, das que o 705 son nenos e mozos menores de idade.
As subvencións darán apoio a unha grande variedade de modalidades deportivas: aeromodelismo, balonmán, baloncesto, fútbol sala, fútbol, halterofilia, tenis de mesa, voleibol, ximnasia, hockei, tiro olímpico, salvamento, waterpolo, fútbol gaélico, montañismo, natación artística, triatlon, kick boxing, taekwondo, volei praia, piragüismo, bádminton, rugbi, xadrez, kun-fu, pádel, loita, patinaxe, natación, tiro con arco e ciclismo.
O acordo é o resultado da liña 2 de subvencións convocada polo Consello Municipal de Deportes para actividdades de clubs e entidades federadas realizadas na tempada 2019/2020, que ten como principal finalidade apoiar os gastos de funcionamento dos equipos. A resolución reparte unha partida de 670.000 euros entre 76 entidades deportivas, tendo especial sensibilidade cos deportes minoritarios, de competición e de base.
O acordo incluíuse por urxencia na sesión do Consello Reitor desta mañá para acelerar ao máximo posible a xustificación e o pagamento das axudas por parte das entidades beneficiarias, que xa están inmersas na tempada 2020/2021.
As bases que rexen o procedemento valoran todos os clubs do Concello que solicitan a axuda tendo en conta os seguintes aspectos:
Número de licenzas, en función do seu nivel competitivo. As licenzas pertenecentes a entidades deportivas subvencionadas son 9. 232 licenzas.
Número de licenzas deportivas de menores de 18 anos: 6.598 licenzas o que supón que o 71,4% do total.
Número de licenzas en categoría femenina: 3.102 respecto ás 2.707 da tempada pasada. Supoñen un 33,60% das licenzas subvencionadas.