Martes, 24 de Noviembre de 2020

Otras localidades

ECONOMÍA

Os polígonos industriais resisten ao Covid -19

Nos momentos de confinamento viron reducido o número de traballadores nun 80 %

Polígono de San Cibrao

Polígono de San Cibrao / Google Maps

Cúmprense 40 anos da Asociación do Polígono de San Cibrao, con 400 empresas e uns 8.000 traballadores, con tal motivo imos ata alí e ata as outras duas principais áreas industriais na nosa provincia Barreiros e Pereiro. Un aniversario sen actos de celebración ante o empeoramento da situación sanitaria.

Falamos esta mañá con José Antonio Rodríguez Araújo, voceiro dos empresarios en San Cibrao. Fai memoria dos momentos máis duros da pandemia nos que quedaron traballando tan só un 25 % dos traballadores totais, hoxe estaría a cifra entre un 80 ou 85 %.

Onte celebrabase asamblea, un encontro do cal sae un obxectivo: a extensión ata o Parque Tecnolóxico cunha ampliación 400.000 m² , tras lograr o enlace coa A-52.

Conta Alejandro Cruz, presidente da Asociación de Empresarios do Poligono de Barreiros no que hai uns 100 empresas, moitas dun carácter familiar cuns 1.500 traballadores, que nos peores momentos, polo mes de abril, diminuíron a metade. Entre os proxectos máis inmediatos contará en febreiro de 2021 con case 1.500 lámparas LED no seu alumbrado

Eduardo Cid, presidente da área industrial do Pereiro, con 80 empresas e máis de 3.000 empregados matiza que o nivel de actividade das empresas depende do sector ao que se adiquen, as de alimentación creceron e as de distribución a hostelería son as máis perxudicadas.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?