Valdecorvos albergará 33 novas vivendas de protección autonómica
Valdecorvos consolídase como zona residencial de Pontevedra. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Angeles Vázquez anunciou hoxe a adxudicación de dúas parcelas para construír 33 novas vivendas.
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/4HLB72Z3W5IF7E7AQVXVIT42MQ.jpg?auth=6ece34d57606ea68ca9a135e8190f2d99e3b070549c1a507dfcc8830f99887af&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Valdecorvos consolídase como zona residencial de Pontevedra / Cadena SER
![Valdecorvos consolídase como zona residencial de Pontevedra](https://cadenaser.com/resizer/v2/4HLB72Z3W5IF7E7AQVXVIT42MQ.jpg?auth=6ece34d57606ea68ca9a135e8190f2d99e3b070549c1a507dfcc8830f99887af)
Pontevedra
Un diseño vangardista, de viviendas modulares pensadas na sostibilidade, con pegada ecolóxica e enerxética que aspiran a cualificación A en emisións de CO2. Un novo concepto de vivenda, que Angeles Vázquez quixo destacar como referente e co propósito de aumentar a vivenda protexida sobretodo nas cidades.
Son 33 vivendas adxudicadas por concurso a unha cooperativa que xa conta con 33 socios e dez persoas en lista de agarda. Trátase dun réxime de venda concertado cun prazo de 10 anos para unhas casas que deberían de estar listas a finais de 2022. Parte da construcción é modular, só recurrirán ó ladrillo entre vivendas.Lembramos adosados, o que permitirá reducir prazos e controlar custes, como comentou Bárbara Fdez, xestora da cooperativa.
Con cento cinco metros útiles e por cento setenta e cinco mil euros máis IVE estas 33 vivendas súmanse ás once xa en marcha e Pontevedra e ás 3 en proceso de adxudicación rehabilitadas en Monte Porreiro.
O obxectivo é voltar a sacar a concurso para cooperativas ou empresas as parcelas pendientes na zona.