Os concelleiros críticos acusan ao alcalde de Ponteceso de "manipulador"
Os vídeos filtrados "non responden a ningunha intención de chantaxe", afirman
Entrevista a Faustino Santiago e Ana Pérez
13:45
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1603902993_505230/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
A situación política en Ponteceso continúa a quentarse sen que se albisque posibilidade de acordo entre o Alcalde, Lois García Carballido, e os concelleiros críticos coa súa xestión. Nas últimas horas a situación tensouse inda máis, xa que mentres o alcalde retiraba as súas funcións aos concelleiros, estos comparecían hoxe no Vivindo a Costa da Morte para denunciar a "manipulación" cometida polo alcalde ao difundir uns videos nos que presuntamente esixían cartos a cambio de garantir a estabilidade do goberno municipal.
As diferenzas entre os edís Faustino Santiago, Ana Pérez e Salvador Eiroa comenzaron hai varios meses e viven agora un momento crítico, logo da publicación duns videos onde, presuntamente, os edís solicitaban cartos ao alcalde a cambio de garantir a estabilidade do goberno municipal.
Faustino Santiago e Ana Pérez anunciaron a presentación dunha querella contra Lois García Carballido e La Voz de Galicia "pola difusión das imaxes e a acusación de chantaxe". O video, gravado no despacho do alcalde o pasado 24 de maio, reflicte segundo os concelleiros "un reparto esaxerado da produtividade entre dous ou tres traballadores do concello". Segundo Ana Pérez "en ningún momento pedimos cartos por garantir a estabilidade, terxiversouse para dar esa impresión. Por iso solicitamos ao alcalde que publique o video completo para que a xente poida interpretar de verdade o que se falou. Pedíamos uns cartos en concepto de asistencia e por levar as nosas áreas, esas son as cantidades das que se fala. Nós non chegamos a percibir esas cantidades das que falamos. Queremos o ben do pobo, pero non poñer cartos do nosos petos".
Faustino Santiago sinalou que a conversa para fixar a súa retribución fíxose nun restaurante de Agualada nunha comida co alcalde "e un que di que é o seu asesor". O concelleiro sinalou que ao longo da lexislatura puxo cartos do seu peto durante o desempeño da súa labor como responsable da agrupación local de Protección Civil.
Os concelleiros afirmaron non estar a recibir información ningunha sobre as decisións que están a adoptar nin o alcalde nin a dirección provincial do PSOE. "É patético que nos teñamos que enterar pola prensa de que nos van a abrir un expediente" manifestou Faustino Santiago. "Son socialista de toda a vida e sinto vergoña allea de como se apoia a unha persoa que pon por diante o sillón de alcalde que o benestar do pobo".
Logo da decisión de Lois Carballido de afastar aos concelleiros críticos das súas responsabilidadaes de goberno, pasan a recaer na alcaldía as competencias de Mobilidade, Seguridade, Emerxencias, Mar, Turismo, Festexos, Deportes e Dinamización Económica.
A conversa completa pódese escoitar no link que acompaña esta información.