Sociedad

A segunda onda da COVID bate todos os rexistros na bisbarra

O ascenso de ingresados no Hospital Comarcal continúa, ao tempo que suben os casos na práctica toalidade dos concellos

O Concello de Cee en nivel 3 de alerta / Cedida

O aumento de positivos por COVID-19 na bisbarra continúa de xeito constante. O Hospital Comarcal ven de experimentar nos últimos días un aumento significativo no número de pacientes en planta. Hoxe eran 19 os doentes que ocupan cama no centro sanitario, unha cifra nunca antes acadada. Nesta mañá elevábanse xa a 22 ingresados.

Nos peores momentos da pandemia foron 14 os ingresados no hospital. Durante esta fin de semana superouse esa marca con 16. Os últimos datos facilitados polo SERGAS xa falan de 19 e segundo algunhas fontes sanitarias a esta hora a cifra xa supera a vintena.

O fenómeno alcista atopa explicación nunha simple ollada ao mapa de alertas dos últimos sete días. A Costa da Morte pasou de ser un territorio sen incidencia da pandemia a ver como se tinguen de vermello (nivel 3) boa parte dos municipios da bisbarra. Hoxe son seis os que se atopan nesa situación: Carballo, Vimianzo, Malpica, Cabana, Ponteceso e Cee. A Vila da Xunqueira pasou en catro días dun nivel 0 ao nivel 3. Trátase dun caso especialmente sensible ao ser un punto no que conflúen moitos veciños doutras vilas próximas, o que pode facilitar a expansión do virus. Así sucedeu en Vimianzo, centro da comarca de Soneira e que acabou por extender o virus aos concellos próximos. En Cee adoptáronse medidas coma o peche de parques infantís ou a suspensión do mercado dominical co fin de conter o virus e evitar a declaración deste nivel 3 de alerta, algo que non se conseguiu.

No nivel 2 de alerta (entre 14 e 21 positivos nos últimos sete días) están Laxe e Zas, incorporándose Coristanco e Camariñas no informe de hoxe. En nivel 1 (entre 7 e 14 positivos) A Laracha e Muxía, na mentres que siguen en nivel 0 Mazaricos, Carnota, Dumbría, Fisterra e Corcubión.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00