Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Deportes
Baloncesto

Ó Ensino se lle atrancan as fichaxes

Fontes próximas ó clube aseguran que non están dispostos a cometer "erros do pasado" tirando un importante esforozo económico pola borda

Cantero pedía a suma de dúas fichaxes ó equipo / Twitter Ensino

Cantero pedía a suma de dúas fichaxes ó equipo

Lugo

O Ensino ve máis lonxe que preto a chegada de reforzos para o seu plantel. Trala saída de Marta Tudanca, a lesión de Villegas, as trabas no regreso de xogadoras coma White e as internaiconais aterrando en Lugo "tocadas", saltaban as alarmas no equipo rojillo. O propio Carlos Cantero facía fincapé en rolda de prensa na necesidade de sumar varios efectivos ás filas do equipo. Porén, fontes cercanas ó clube que preside Manuel Durán non seguen a mesma liña. 

As opcións que da o mercado "non son ideais", polo que dende a entidade descartan fichar ás presas. Non queren cometer "erros do pasado fichando sen contrastar o suficiente", o que conlevaría a unha perda económica significativa para o clube.

Esta mesma fonte apunta a que cando se configurou o plantel non foi pensando en avogar por nunha plantilla curta. Todo o contrario, 11 xogadoras. Pero os imprevistos xurdidos por baixas, lesións, e burocracia non fai posible que a solución pase por acudir ó mercado. "Hai canteira suficiente para poder adestrar co primeiro equipo e para poder xogar", aseguran.

A decisión de non sumar efectivos non é outra que a de garantir cos pagos as xogadoras actuais e evitar caer na tendencia de "vivir por riba das posibilidades dun clube lucense coma é o Ensino". Con todo, se nalgún momento se deran os ideales das tres B: Bo, bonito e barato, efectuaríase a incorporación. Pero polo de agora semella sen un non.

A nosa colaboradora, Loly Vilares, ampliará esta información en SER Deportivos Lugo.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir