Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad
CORONAVIRUS COVID - 19

A hostalaría ourensá sairá a rúa a berrar: "¡Basta ya!"

Convocan unha manifestación esta tarde, as oito

Unha das concentracións dos hostaleiros

Unha das concentracións dos hostaleiros / Redacción

Unha das concentracións dos hostaleiros

Ourense

"¡Basta ya! Instituciones queremos soluciones. Todos somos esenciales: hosteleros, distribuidores, comerciales, ocio nocturno, comercios, clientes y familias”. É o berro da hostalaría ourensá.

Esta tarde, as 8, convocan unha manifestación que partirá as 8 da tarde da Praza Maior e percorrerá diferentes rúas da cidade: O Paseo, Goberno Civil, Avenida da Habana, Juan XXIII, Progreso e Alameda. Rematará no punto de partida coa lectura dun manifesto. A intención é que acudan tamén cidadáns en apoio e que fagan ruido “levando utensilios”.

Os convocantes son as catro asociacións que representan a este sector: ‘Cociña Ourense’, ‘Véxote nos viños’, ‘AHROU’ e ‘UHO’.

Esta convocatoria é un paso máis despois das concentracións que levan protagonizando, desde o peche de bares e restaurantes, cada mediodía na Praza do Concello. Piden que chegen as axudas xa.

Onte Sanidade decidía rebaixar desde hoxe as restriccións nos concellos de Verín, Amoeiro e Coles que pasan a fase 2. Permítese a apertura da hostalería, así como a libre movilidade dos seus habitantes e as reunións de un máximo de seis persoas no convivintes tanto en espazos públicos como privados.

Nueva APP de Cadena SER

Descubre la nueva app de Cadena SER Te ofrecemos una mejor experiencia de audio y video

Descargar

Xa veremos o que pasa mañá. O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, xa avanza que sobre a mesa no encontro do Comité de Expertos está a posible apertura de Ourense, veremos tamén se nos mesmos termos que nos mencionados tres concellos.

A todo isto súmase o borrador do Goberno Central, que fala dun Nadal con reunións de seis personas máximo e limitación horaria, o que sen dúbida influirá nas tradicionais ceas de empresa ou de grupos de amigos ou familiares.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estás escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir