Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Actualidad

Carballo e A Laracha, únicos concellos da zona no máximo nivel de restricións.

En Laxe a hostalería poderá abrir ata as 23 horas pero queda pechado en solitario

Empeza a desescalada para a hostalería / Eduardo Sanz

Empeza a desescalada para a hostalería

Costa da Morte

O Presidente da Xunta ven de anunciar o plan de desescalada establecendo distintos niveis de restricións dependendo do número de casos por 100.000

Na Costa da Morte Carballo e A Laracha son os únicos concellos que quedarán no nivel máximo de restricións. Nestes concellos a hostalería só poderán abrir as terrazas ao 50% e ata as 17 horas con grupos dun máximo de 4 persoas.

 No nivel medio-alto a hostalería xa poderá abrir no interior, excepto barra, a un 30% e nas terrazas ao 50%. A hora de peche tamén serán as 5 da tarde e os grupos ata 4 persoas.

Neste nivel establécese un peche perimetral formado por Coristanco, Cabana, Malpica e Ponteceso. Outro no que están Cee, Dumbría e Muxía e por último un peche individual para Vimianzo.

Outro concello que queda pechado en solitario é Laxe. Neste caso, no nivel medio de restricións, permitíndose aos locais de hostalaría utilizar ata o 40% no interior e o 50% no exterior, amplíase o horario de peche ata as 23 horas e poderá haber grupos de ata 6 persoas non conviventes.

No nivel básico quedan o resto de concellos da zona, Mazaricos, Zas, Carnota, Corcubión, Fisterra e Camariñas. Nestes permitirase a apertura ao 50% no interior e o 75% nas terrazas. Poderase abrir ata as 23 horas cun máximo de seis persoas e con liberdade plena de mobilidade por tódolos concellos de Galicia sen restricións.

Non hai cambios nas restricións no Interior de comercios, no transporte público nin co horario nocturno.

Todas estas medidas empezarán a aplicarse na media noite do xoves ao venres.

A Xunta establece tamén o peche perimetral de toda Galicia entre o 4 e o 9 de decembro.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00