Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Inaugurado o II Congreso Ibérico de Turismo Deportivo coa vista posta no ano 2022

O II Congreso Ibérico de Turismo Deportivo coa vista posta no ano 2022 no que se prevé celebrar o Primeiro Congreso Internacional

O II Congreso Ibérico de Turismo Deportivo coa vista posta no ano 2022 no que se prevé o Primeiro Congreso Internacional / EXPOURENSE

O II Congreso Ibérico de Turismo Deportivo coa vista posta no ano 2022 no que se prevé o Primeiro Congreso Internacional

Ourense

Lete Lasa anuncia a creación dun Cluster do Deporte Galego e na vontade de maior investimento na investigación, desenvolvemento e innovación no deporte.

Nava Castro destaca a forte e constante do Goberno Galego polo turismo activo desde hai tempo ´´ traballando coordinadamente con sector na creación de novos productos turísticos asiciados, que permitan xerar valor engadido á experiencia turística do viaxeiro´´.

O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron no recinto feiral de Expourense na inauguración do II Congreso Ibérico de Turismo Deportivo en formato híbrido.

O II Congreso Ibérico de Turismo Deportivo está organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte, a Axencia Galega de Turismo, a Deputación Provincial de Ourense e Expourense.

Trátase dun evento dirixido aos profesionais do sector como poden ser as Administracións públicas con competencia en deporte ou en turismo; federacións deportivas; pemes e autonómos do sector do deporte e o turismo; axencias de viaxes; clubs e empresas do deporte e ao alumnado e profesorado de ensinos deportivos ou turísticos.

Analizar as claves para a reactivación do turismo activo e deporte e aproveitar as oportunidades xurdidas dos cambios nos intereses e necesidades do viaxeiro que provocou a pandemia serán os obxectivos do II Congreso Ibérico de Turismo Deportivo.

Este evento conta coa participación de 25 expertos de España e Portugal que tamén presentarán os distintos protocolos e recomendacións para celebrar eventos e competicións deportivas que integren todas as medidas preventivas para garantir a seguridade.

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir