Deportes
FÚTBOL

A Preferente activarase con todos os equipos

A Preferente activarase con todos os equipos (23) no Grupo Norte, no Grupo Sur (18)

A Preferente activarase con todos os equipos (23) no Grupo Norte e con 18 no Grupo Sur / RFGF

A Preferente activarase con todos os equipos (23) no Grupo Norte e con 18 no Grupo Sur

Ourense

Rematou o prazo fixado pola Real Federación Galega de Fútbol para inscripción de equipos nas seguintes categorías de fútbol: Preferente, Primeira Galega Femenina, Liga Galega Xuvenil, División de Honor Cadete, Liga Galega Cadete e Liga Galega Infantil co seguinte balance de inscrición, cuns altísimos porcentaxes de inscrición. En Preferente alcanzando o 90%, na Primeira Feminina o 95% e nas categorías base ata o 99%.

Na categoría de Preferente son 41 os equipos inscritos dos 46 que partían na categoría. O Grupo Norte (provincias da Coruña e Lugo) está completa con 23 equipos anotados para xogar esta atípica tempada 2021. O 100% dos equipos optaron por iniciar a competición. E no Grupo Sur son 18 os conxuntos que se inscribiron. Os cinco que non o fixeron son. Céltiga, Sanxenxo, Portonovo, Moaña e Guardés.

No que respecta á Primeira Galega Feminina queda claro o desexo dos equipos de retomar a práctica do fútbol pois foron 18 dos 19 equipos os que formalizaron a súa inscrición. Só o Tordoia optou por non inscribirse.

E no referente ó Fútbol Base os datos falan por sí sós. Dos 149 equipos pertencentes ás categorías Liga Galega Xuvenil, División Cadete, Liga Galega Cadete e Liga Galega Infantil foron nin máis nin menos que 147 os que formalizaron a súa inscrición na Intranet. Un incrible dato do 100%. Únicamente dous equipos optaron por non anotarse. Ou o que é o mesmo, cinco dos sete grupos activaranse completos, con todos os equipos en competición. O Marcón en Galega Xuvenil e o Guardés en Galega Cadete son os únicos que decidieron non inscribirse.

A Preferente activarase con todos os equipos (23) no Grupo Norte e con 18 no Grupo Sur.

A Primeira Feminina Tamén se xogará con todos os equipos inscritos menos un.

Nas Ligas Galegas de Base inscribíronse 147 dos 149 equipos, un 99% por cento.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00