Sociedad

O xeo sume no caos á Costa da Morte

As baixas temperaturas e a falta de previsión provocaron múltiples sinistros

Imaxe dun dos múltiples accidentes ocorridos nesta mañán / Cedida

As baixas temperaturas rexistradas nas últimas horas veñen de provocar unha gran cantidade de accidentes en diversas estradas da bisbarra. A situación no mediodía sigue sendo complicada en moitos puntos e se sigue a facer un chamamento aos condutores para que extremen as medidas de seguridade.

A situación en Carballo sigue a ser moi complicada. A estrada a Ordes estivo pechada durante tres horas debido ás saídas de vía rexistradas na Feira de Verdillo. No casco urbano carballés os servizos de emerxencias tiveron que atender a múltiples peóns debido a caídas provocadas polo xeo existente nas beirarrúas.

Tamén foron máis dunha decena os accidentes ocorridos na autoestrada AG-55 entre A Laracha e Coristanco. Tres camións, dous deles articulados, sufriron saídas de vía na saída 45 da AG-55 en sentido decrecente. Afortunadamente non houbo que lamentar feridos.

En Camariñas tamén padeceron as inclemencias da vaga de frío. Na Ponte do Porto tivo lugar un accidente no que se viron involucrados seis vehículos. Rexistrouse tamén un atropelo que deixou unha muller ferida grave, con fracturas en ámbalas pernas.

No Concello de Zas fontes municipais elevan os accidentes ata as "vinte saídas de vía" e recomendan aos veciños que non collan o coche, xa que "inda que xa está quentando o sol e botamos sal, as placas de xeo non se dan disolto". En Cee foron máis de dez os condutores que remataron fora da calzada nas vías que levan a Lires, tanto a que trascorre por Sembra coma a que pasa pola Pereira. Nestes concellos botaron en falta a utilización de sal nas estradas que son competencia da Deputación. A mediodía inda non actuaran operarios desta institución nesas vías.

Muxía non se librou dos problemas coas baixas temperaturas. O mal estado das estradas oblrigou a cortar as que comunican Ponte do Porto con Quintáns e a DP2303 á altura de Caberta.

En Ponteceso, o concello informou de problemas na rúa Teresa Mosqueira, na subida ao centro médico e tamén na estrada Ponteceso-Malpica e na Ponteceso-Langueirón. A estrada local Lestimoño-Cerezo está pechada por xeo.

Dumbría é outro dos concellos máis afectados polo xeo nas estradas. Fontes municipais falan de "incontables" saídas de vía nas estradas do termo municipal.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00