Sociedad
A Costa da Morte

A vacinación no Hospital Comarcal empezará este mércores

Vacinación Sanitarios / Eduardo Parra EUROPA PRESS

Costa da Morte

Esta mañá procedeuse a vacinar a usuarios e persoal das vivendas residenciais das asociacións Aspadex e Aspaber. 19 persoas en Carballo e 61 en Cee. Continua así o calendario de vacinación que empezou o hai uns días no Domus Vi de Carballo. Na residencia de maiores de Vimianzo haberá que esperar a que descenda o número de positivos.

Mañá mércores comezará a administrarse a vacina ao persoal sanitario de primeira liña tanto en atención primaria como no hospital de Cee.

Seguen tamén os cribados nos concellos máis afectados. En Laxe, que con preto de 40 casos rexistra os peores datos da pandemia, empezaron onte a facer probas a todo o persoal do sector hostaleiro ademais dos traballadores de axuda no fogar e taxistas, as probas continuarán hoxe. En Camariñas solicitouse dende a alcaldía un cribado xeral á toda a poboación pero na xerencia da area sanitaria consideran máis efectivos os cribados sectoriais polo que continuarán con esa metodoloxía. Camariñas ten 65 casos novos nos últimos 14 días e ven de confirmarse un positivo entre o persoal do colexio da Ponte do porto polo que se procedeu a desinfección no centro e realizaranse probas a todo o persoal.

O incremento nos positivos vincúlase ás reunións das festas, a Garda Civil informa que realizou na Costa da Morte ao longo do Nadal uns 200 controis con 120 denuncias, destacando 2 festas ilegais en Muxía e Fisterra. Este pasado domingo procederon ao peche dun posto na Feira de Cee ao comprobar que os vendedores estaban saltándose a corentena.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00