O comercio seguirá aberto en Viveiro
A rexedora viveirense asegura "non ter imaxinado" chegar até esta situación, a peor dende o inicio da pandemia

Maria Loureiro, alcaldesa de Viveiro / PsdG - PSOE

Viveiro
O comercio seguirá aberto en Viveiro. As novas restriccións ditaminadas pola Consellería de Sanidade para os concellos que acumulen más de 1.000 casos activos de Covid-19 por cada 100.000 habitantes implican o cese de toa actividade non esencial. Segundo indica a rexedora viveirense, María Loureiro, entre os locales exentos de peche atópanse os comercios.
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
María Loureiro, alcaldesa de Viveiro sobre as restriccións
"O Decreto non establece o peche dos comercios, pero si o dos lugares nos que se practiquen actividades culturais e deportivas coma cines ou ximnasios", asegura Loureiro. O Concello leva pechado perimetrlamente dende o día 28, " e xa quedamos sen campaña de Nadal", por iso estas novas restriccinóns caen coma un xarro de auga fría.
A veciñanza, recoñece a alcaldesa, está preocupada e ansiando ver coma baixan os casos activos de Coronavirus. "Cando me ven polas rúas me preguntan, como imos hoxe? estamos mellor?... Para eles toda pequena melloría é unha alegría", confesa. Recoñece que o peche total da hastalaría é todo un mazazo para o municipio pois a economía da meirande parte dos viveirenses susténtase na mesma.
O certo é que a situación en Viveiro "é a peor". As cifras son moito peores que nos comezos da pandemia e rexistra nestes días os picos máis altos de contaxios. A alcaldesa asegura que "nunca pensas que vaias ir máis a peor, dende a ponte da Constitución non levantamos cabeza", lamenta.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo




