Miércoles, 12 de Mayo de 2021

Otras localidades

Política municipal

O Concello adapta os servizos municipais ás novas medidas

O goberno entregou unha proposta de actuación na xunta de voceiros

Las nuevas restricciones se dejan notar en las calles

Las nuevas restricciones se dejan notar en las calles / Brais Lorenzo

Os voceiros dos grupos políticos representados no Concello de Ourense reuníronse esta mañá no salón de plenos para abordar a adaptación dos servizos municipais ás normas adoptadas pola Xunta de Galicia no DOG do 26 de xaneiro para reducir ao mínimo o risco de contaxios á vista da evolución epidemiolóxica e da situación asistencial. O goberno municipal trasladoulles un documento coas propostas, que será estudado polas formacións políticas, que quedaron emprazadas para unha vindeira reunión.

En primeiro lugar, os cemiterios pecharán ás 18.00 horas, quedando a asistencia limitada a 15 persoas non conviventes, o oficiante e os conviventes e garantindo as distancias. En canto ás visitas aos cemiterios, estas realizaranse de forma individual, ou só de conviventes. Doutro lado, a capacidade do salón de plenos débese fixar de modo que se garanta a distancia de seguridade entre persoas nas vodas civís.

En segundo lugar, o aforo das oficinas de atención ao público queda limitada ao aforo que permita manter a distancia e organizar e sinalizar a circulación de persoas, caso da Oficina de Turismo. Nas reunións e plenos fíxase nun 30 % do aforo e ata 30 persoas en lugares pechados. Porén, recoméndanse as reunións telemáticas sempre que sexa posible.

En terceiro lugar, a proposta do concello tamén se refire aos mercados e feiras ao aire libre, cuxa limitación é do 50 % de postos, con prioridade á venda de produtos alimenticios ou de primeira necesidade. Nos parques e zonas deportivas abertas ao público establécese un aforo máximo de 1 persoa por cada 4 m2. Estos espazos serán limpados e desinfectados a diario, en especial as zonas de xogo infantil, aparellos mecánicos e mobiliario urbano de uso compartido (bancos, varandas, etc).

No relativo aos transportes, mantéñense coas limitacións de cabida que indica a orde. Recoméndase que os viaxeiros dos autobuses anoten o seu asento co billete e o garden 14 días para localizar posibles contaxios. Ademais, nos centros sanitarios e sociais, a Unidade de Condutas Aditivas mantense aberta, coas medidas que indica a Orde da Consellería, ao igual que o centro de día e o albergue de transeúntes. Os centros cívicos pechan.

O Concello tamén fai mención no documente ao peche dos espectáculos culturais e sociais, arquivo, museos e bibliotecas. Secasí, o persoal traballará a porta pechada, polo que se poderán realizar consultas telefónicas. Pola súa banda, sinalan que a escola de música, de teatro, de idiomas e Universidade Popular apraza todas as actividades presenciais e recuperaranse noutras datas. Non obstante, mantéñense as actividades en liña.

O documento de medidas, que serán valoradas polas distintas formacións políticas na vindeira reunión, subliña que se suspenden as actividades deportivas, salvo adestramentos de equipos federados, que se fará conforme ás limitacións que marca a orde e o protocolo de cada federación. A intención é que os deportistas federados de alto nivel non interrompan a súa preparación. O pavillón municipal dos Remedios permanecerá pechado para os usuarios individuais.

 

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    • Notice: Undefined variable: lb_es_acceso_con_movil in /mnt/filerprod/html/produccion/datos/rhabladas/cadenaser/ser/templates/includes/v3.x/v3.0/include_player_permanente.html on line 118

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?