José Valle non tira as campás ó aire sobre a permanencia porque "as matemáticas ainda non dan"
O CV Arenal Emevé demostra que a madurez sobre a cancha veu para quedar
Lugo
José Valle é dos que ata que non o ven non o cren. O adestrador das rapazas do CV Emevé celebra a vitoria chave desta fin de semana ante o Chamberí ( 3-0 ), pero ata que as "matemáticas dean" hai que seguir traballando por sumar.
O equipo de volley lucense comezou a trompicóns esta tempada: malas xeiras, xogadoras que non cuallaban, moita inexperiencia... pero dende hai varios meses, as lucenses deron un puñetazo sobre a mesa para deixar claro que se chegaron ata onde chegaron é por algo.
A madurez sobre a cancha veu para quedar, "Lucía Prol ou Marta Otero son dous nomes propios, pero os seus avances son gracias ó conxunto que todas elas forman", puntualiza o adestrador. E é que tanto Prol coma Otero deron un xiro de 180º que nin os exames universitarios de xaneiro foron quen de frear. "Para min, coma adestrador, o mellor é que todas estean dispoñibles e desexando saír xogar", confesa.
Nunha tempada tan atípica, o CV emevé tivo a gran sorte de só ter que adiadar un único encontro, xa recuperado, mais "hai outros equipos, rivais directos con menos puntos e con menos xornadas desputadas", coma é o caso das canarias, ás que visitarán esta fin de semana. Puntualiza o adestrador que "os encontros pendentes de xogar son con rivais que se atopan ocupando os postos máis altos da táboa clasificatoria", pero pide non confiarse.
José Valle valora a vitoria ante o Chamberí
04:41
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1612188883_122486/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
As xornadas pendentes para rematala liga cóntanse cos dedos dunha mán, o certo é que todo se encarrila para lograr a meta: a permanencia. Con 14 puntos xa metidos no peto e ubicadas na novena posición da táboa, soñar coa permanencia semella cada vez algo máis factible. O peor? Ter que xogar sen a calor do público, pois dende a chegada das novas medidas de seguridade, só os avatares poden gozar en vivo e en directo de El Mejor Equipo de Volley de España.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo