Deportes
HÓCKEY SALA

Presentación do Campionato de España de Hóckey, que se celebrará en Ourense

O Campionato dispútano os oito mellores conxuntos nacionais da categoría de Primeira División Sénior Masculino

Bernardino González, área deportes da Deputación, Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense,Alberto Estévez, presidente da comisión da FGH e Francisco Masid, vogal da xunta directiva da federación. / Deputación Provincial de Ourense

Bernardino González, área deportes da Deputación, Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense,Alberto Estévez, presidente da comisión da FGH e Francisco Masid, vogal da xunta directiva da federación.

Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou hoxe xunto ao presidente da comisión xestora da Federación Galega de Hóckey, Alberto Estévez; e ao vogal da xunta directiva desta federación, Francisco Masid, a fase final dó Campionato de España de Primeira División de Hóckey Sala Masculino, que organiza a Federación Galega de Hóckey e que se celebrará no Pazo dos Deportes ´´ Paco Paz´´ de Ourense os días 5, 6 e 7 de febreiro. O evento será retransmitido vía streaming a través da canle de Youtube da Federación Galega de Hóckey.

O campionato na súa 68º edición, dispútano os oito mellores conxuntos nacionais da categoría de Primeira Divisiónn Sénior Masculino, divididos en dous grupos de catro equipos que disputan as primeiras prazas de grupo que dan acceso ás semifinais. Os equipos son: No Grupo A (F.C. Barcelona, CD. Málaga 91, C.H. Barrocas, R.S. Tenis La Magdalena) e no Ggrupo B (S.P.V.Complutense, C.H.Madrid Las Rozas, C.H. Carpesa, H.C. Alcala).

O campaionato é clasificatorio para o EuroHockey Indoor Club Championships, o Campionato de Europa de Clubs, e o campión nacional terá clasificación directa, representando así a España nesta competición internacional.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00