Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Deportes
CD Lugo

Manu Barreiro non quere imaxinar un vestiario sen Pita e Seoane

O de compostela celebra terse reencontrardo co gol máis aló dos penaltis

Manu Barreiro celebrando un tanto da tempada 20-21 / LaLiga

Manu Barreiro celebrando un tanto da tempada 20-21

Lugo

Con "máis confianza". Así nos atende o dianteiro do CD Lugo, Manu Barreiro, tras reecontrase co gol, más aló do punto de penaiti. Se ben é certo, o de compostela xa se converteu en toda unha institución se de tirar penaltis falamos. A serenidade e o clásico da paradiña previa a golpear o balón é toda unha marca de identidade  que xa caracteriza ó 9 no equipo lucense. "O certo é que xa teño certa confianza nese senso e, malia que agora me estea tocando a min, temos moi bos lanzadores no equipo. O importante é axudar", subliña con modestia.

Esta tempada todos os tantos estaban a ser foito das faltas dentro da área que él convertía en puntos, pero esta fin de semana Barreiro demostrou que non se lle esquecera iso de marcar goles de xogada. Dous a falta de un, e, malia que non serviron para sumar na táboa clasificatoria, para o punta albivermello valeron ouro.  "Para un dianteiro meter goles é moi importante. Xa o necesitaba animicamente. O abrazo entre Carrillo máis eu tras o partido é a mostra de que antes de competencia somos amigos, entendemos o que significa" e engade coma curiosidade que ambos son os primeiros en desexarse sorte "unha vez que o míster da a convocatoria"

O bo clima dentro do vestiario "é evidente, se mire por onde se mire", pero o certo é que agora toca poñerse as pilas cos idiomas se se quere integrar canto antes a Bakary N´Diaye e Arvin Appiah. "Ímonos entendendo como podemos, pero máis que nós con inglés vámolos poñer a aprender a eles galego", bromea.

E falando de vestiarios, esta tempada os capitáns e os "compadres" do dianteiro rematan contrato. E sobre se imaxinarse un vestiario sen eles prefire nin falar: "Bff... O certo é que non quero nin pensalo. É unha decisión deles e do club, eu non quero falar moito pero non me gustaría estar sen eles".

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Manu Barreiro non se imaxina un vestiario albivermello sen Pita e Seoane

00:00:0000:06
Descargar

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir