Deportes
CB breogan

Paco Basanta:"O Consello non pensa en fichar, xa temos experiencia en tirar máis do que hai"

Tralas declaracións do adestrador, o colaborador asegura que "na cabeza do consello non está fichar a non ser que apareza unha ganga"

Ahonen durante unah sesión de adestramento / CB BREOGAN

Lugo

O debate está sembrado. Trala vitoria do CB Breogán ante o Melilla, o adestrador Diego Epifanio concedía unhas polémicas declaracións ó programa Galicia de Goles, da Radio Galega. O de Burgos era claro:"O deber do clube é mirar cara ó mercado. Os equipos se están a refrozar", sentenciaba contundentemente. 

Pronto os afeccionados celestes se fixeron eco das súas verbas subliñando o claro e directo que foi o burgalés. O certo é que esta petición choca co prantexamento do clube a comezos de tempada: Apostar por un plantel curto de calidade que lle permita seguir ó dediño o plan de estabilidade elaborado dende a entidade.

O noso colaborador celeste, Paco Basanta teno claro: "Xa temos experiencia en tirar máis do que hai, se se elaborou un plan de viabilidade é para algo. Temos que ser conscientes do que significa esta tempada económicate e de que pode significar endevedarse, como ten acontecido a outros clubes que rematan por desaparecer", reflexiona. 

Apunta Basanta a que fontes directas do Consello de Adminitración apuntan a que o plan está claro, non se vai acudir ó mercado. Se ben é certo non descartan incorporar algunha "ganga", un xogdor que aporte e que se poida permitir o club sen poñer en risco dito plan de viabilidade.

Paco Basanta fala sobre as declaracións de Diego Epifanio e o desexo de fichar

08:09

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1612791536_868535/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00