Vivindo A Costa da MorteVivindo A Costa da Morte
Sociedad | Actualidad
Mazaricos

Juan Blanco: "É triste escoitar estas declaración a un delegado da Xunta"

entrevista ao alcalde de Mazaricos juan Blanco (08/02/2021)

entrevista ao alcalde de Mazaricos juan Blanco (08/02/2021)

09:33

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1612891267_156646/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Costa da Morte

O alcalde de Mazaricos considera moi desafortunadas as declaración do delegado territorial da Xunta Gonzalo Trenor nas que instaba aos alcaldes a deixar de queixarse polos bares e informar á xunta das deficiencias nas telecomunicacións.

Logo de varios días sen sinal de TDT e con continuos cortes no subministro eléctrico o alcalde de Mazaricos queixouse publicamente das continuas deficiencias en servizos de internet, telefonía, luz ou TDT en gran parte do rural. Unha queixa, que coincide coa de outros alcaldes da zona, que tivo resposta por parte do delegado da Xunta na provincia da Coruña Gonzalo Trenor na entrevista da fin de semana en Radio Coruña a pregunta de Marcos Sanluis.

Trenor instou aos alcaldes a deixar de queixarse nos bares e en tertulias indicando que o fagan na Xunta para poder facer así as denuncias oportunas. O delegado pediu máis colaboración dos alcaldes indicando que non sempre participan nas iniciativas da Xunta para facilitar a chegada destas infraestruturas a pobos e polígonos industriais.

Pola súa banda Juan Blanco cualifica de “Tristes” as declaracións do delegado territorial. O alcalde considera que o mínimo que debería facer Trenor ao coñecer a situación é chamar ao concello para propoñer unha solución.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00