Castrelo de Miño acolle o sábado o Campionato de España de Remo de Longa Distancia
O Campionato de España de Longa Distancia que se disputará este sábado en augas do parque náutico de Castrelo de Miño, participarán 424 deportistas de 54 clubs
Ourense
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou xunto coa presidenta da Comisión Xestora da Federación Española de Remo, Asunción Loriente, e o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, o Campionato de España de Longa Distancia, que se disputará o sábado en augas do paque náutico de Castrelo de Miño. A proba , na que están inscritos 424 deportistas de 54 clubs contará coa participación de remeiros de dez federacións autonómicas: Galicia, Asturias,Cantabria, País Vasco, Navarra, Aragón, Cataluña, Comunidade Valenciana,Andalucía, e Madrid. A proba dará comezo ás 9:00 horas e finalización está prevista para as catro da tarde.
O presidente do goberno provincial agradeceu ´´ a excelente cooperación institucional e deportiva que fai posible que a provincia de Ourense sexa protagonista dun acontecemento de máximo nivel no ámbito do remo en España, e que se celebre nun dos mellores escenarios para a práctica de deportes náuticos como e o parque náutico de Castrelo de Miño´´, agredecendo asemade, á presidenta da Comisión Xestora da Federación de Remo, Asunción Loriente ´´ o se apoio ao que denominamos ´´ Termalismo deportivo ´´, con Lais, Arnoia e Castrelo de Miño como excelentes escaparates e referentes para o deporte náutico ´´, como tamén o labor que vén desenvolvendo o alcalde e todo o municipio de Castrelo, ´´ para que este campionato sexa un éxito de participación e organización´´, expresou Manuel Baltar.