Lunes, 12 de Abril de 2021

Otras localidades

Atopado un artefacto explosivo en Corme

O proxectil foi achado por un palista que facía traballos na zona do Cairo

Proxectil atopado

Proxectil atopado / Cedida

A veciñanza de Corme viuse sobresaltada no serán de onte logo do achado dun proxectil na zona do Cairo. Esta mañá procedeuse á súa detonación.

David Rojo, un palista da vila, facía traballos no entorno do campo de fútbol cormelán ao redor das cinco e media da tarde. Revolvendo entre a terra, a súa máquina bateu contra un obxecto metálico que, segundo as primeiras pescudas, parece ser un torpedo.

Logo da sorpresa inicial, David Rojo informou á Garda Civil. O instituto armado, en contacto co departamento de arficieiros, concluiu que o obxecto en cuestión era un torpedo. O artefacto ten un peso duns 20-30 quilos e mide 53 centímetros de alto por uns 12,5 de diámetro. Os artificieiros da Garda civil trasladaranse mañán á vila cormelá para facerse cargo do torpedo, inda que as primeiras observacións apuntan a que o proxectil podería estar xa inutilizado polo paso do tempo.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?