O Hospital Comarcal, libre de COVID
O centro sanitario non ten ningún ingresado por coronavirus

Hospital Virxe da Xunqueira / Sergas

O Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira en Cee, non ten, a 1 de marzo, ningún ingresado por COVID-19. Os datos feitos públicos esta mañá polo Sergas confirman que onte foi dado de alta o último doente por coronavirus. O centro sanitario non estaba nesta situación dende o pasado 26 de outubro, último día no que o hospital estivo libre de pacientes.
Foron precisos máis de catro meses para volver a recuperar esa situación de tranquilidade no centro hospitalario. Agora, co levantamento das restricións, as autoridades sanitarias inisiten en solicitar responsabilidade á veciñanza para evitar que, de novo, as camas adicadas a enfermos de coronavirus volvan a estar ocupadas.




