Sociedad
8M

Lugo non quedará sen 8M

O Concello aposta pola organización de actos virtuais, ó aire libre e espallados durante todo o mes para seguir a normativa sanitaria

A edil, Ana Abelleira na presentación da programación do 8M / Cedida

Lugo

Lugo festexará o Día Internacional das Mulleres dun xeito seguro. A programación espallarase durante todo o mes de marzo e centrarase en accións para todas as idades, especialmente para a xente moza, e terán coma protagosnitas as redes sociais. 

Convocarase un concurso on-line a prol da defensa da muller. "Na programación están contempladas accións en redes sociais, instando á mocidade a que suba unha imaxe dalgún recuncho feminista de Lugo ou que deixen un comentario indicando unha frase con contido referente á igualdade, sempre empregando o cancelo #MulleresConForza". Os premiados e premiadas recibirán coma agasallo un produtoi da marca lucense Mulleres con Forza.

Así mesmo, o día 13 organizarase a 2ª edición da xincana 'Se o amor apreta non é da túa talla', para mozos e mozas de 14 a 35 anos. Dende o Concello aseguran que " esta actividade fai referencia a conceptos como o da media laranxa, os celos ou a paixón eterna, rachando con estereotipos estendidos na sociedade".

Tamén se recompilarán e emitirán os vídeos que foi mandando a cidadanía a través do certame convocado por Igualdade a través Tik Tok para concienciar e loitar pola igualdade de xénero e contra as violencias machistas, cuxo prazo finaliza o 10 de marzo.

A través das redes sociais se organizarán, ademais, os primeiros diálogos de Mulleres con Forza, centrada en mulleres líderes, seguindo o tema da ONU Mulleres para o Día Internacional da Muller de 2021 "Mulleres lideresas: Por un futuro igualitario no mundo da Covid-19". As cuestións pódense facer chegar ben a través das redes co cancelo #Diálogos MulleresConForza ou ao enderezo mulleresconforza@lugo.gal.

O propio 8-M, o executivo de Lara Méndez organizará un acto institucional, ao que convidará a todas as forzas políticas da Corporación, onde se lerá a Declaración aprobada en Pleno por unanimidade. Ese mesmo día, pola tarde, presentarase vía streaming o libro didáctico 'En Lugo, sementamos igualdade', con Llerena Perozo, a súa autora.

A edil Ana Abelleira sostén que a programación municipal será segura e respectuosa con todas as medidas sanitarias impostas pola COVID-19, e lembrou que "as reivindicacións polo feminismo soen ser masivas e este ano deberán selo tamén, pero evitando as macro concentracións na rúa e ocupando outros espazos de visibilidade, como as redes sociais ou da nosa vida cotiá, como balcóns e xanelas".

Dende a corporación fan un especial chamamento á responsabilidade, á prudencia e á unión da sociedade para berrar tan alto como noutras edicións que "a loita contra a igualdade, que debe ser todo o ano, é máis necesaria que nunca, para non dar pasos atrás e seguir avanzando na consecución de dereitos"

Cartel das actividades programadas para o 8M / Cedida

Andainas, autocine e cativos

A programación feminista espallarase ó longo de todo este mes de marzo. Os días 6, 13, 20 e 27, en dúas quendas, unha ás 10.00 horas e outra ás 12.00 horas, terán lugar as andainas Mulleres Con Forza que percorrerán o Lugo máis feminino da man da guía local Lidia de la Fuente. Serán 4 prazas por andaina, seguindo as pautas sanitarias, e as inscricións faranse no 010 ou no teléfono 982 297 350.

Os máis cativos tamén contarán con actividades para o seu goce, xa que o sábado, 13 de marzo realizarase un obradoiro a cargo do grupo Caxoto Contacontos onde se tratarán os estereotipos de xénero, a corresponsabilidade, a parella e a violencia de xénero.

Por último, Lugo acollerá a estrea da película María Solinha, de Ignacio Vila. Proxectarase en modelo autocine, para ver desde o vehículo, cunha duración de 2 horas. O filme reconstrúe a historia de María Solinha, acusada de bruxería e queimada pola Inquisición no século XVII.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00