Deportes
XIMNASIA

Tres conxuntos do Club Ximansia Pavillón cuartos clasificados na Copa Olimpia Cup

Os conxuntos prebenxamín base e infantil absoluto do Club Ximnasia Pavillón Ourense foron cuartos clasificados na Copa de Ximnasia Rítmica Olimpia Cup

Os conxuntos Prebenxamín Base e Infantil Absoluto do Club Ximnasia Pavillón Ourense foron cuartas clasificadas na copa de Ximnasia Rítmica Olimpia Cup / Club Ximnasia Pavillón Ourense

Os conxuntos Prebenxamín Base e Infantil Absoluto do Club Ximnasia Pavillón Ourense foron cuartas clasificadas na copa de Ximnasia Rítmica Olimpia Cup

Ourense

Continuando coa súa preparación para os nacionais que xa teñen data e moi próximo, os conxuntos prebenxamín base e infantil absoluto participaron esta fin de semana na Copa online de ámbito nacional organizada por Vinkova Leotards e Almudena Cid, que foi de novo a encargada de retransmitir todo o evento.

Na xornada de mañán puidemos ver a categoría base na que participou o conxunto prebenxamín base e infantil absoluto participou o conxunto prebenxamín (Claudia, Alma, Lara, Carla, Olga e Norah). Este conxunto estrease este ano en competición nacional e estaban moi nerviosas no momento de grabar e conectar por zoom coa organización, aínda así foron cuartas clasificadas a menos de unha décima do terceiro posto.

O conxunto infantil está afinando o exercicio cara o nacional, xa que, tras o último aplazamento comezaron xa coa preparación do conxunto 2021 e individuais. Foi o mellor exercicio dende o mes de febreiro, que tiveron a primeira participación nun torneo online, e obtiveron tamén o cuarto posto.

Este fin de semana grabaron tamén a participación no Torneo online que se retransmitirá o vindeiro sábado e no que participarán todos os conxuntos de nivel base e o junior de nivel absoluto.

O domingo día 14 de marzo partirá para Valencia o conxunto cadete que será o primeiro en competir no Nacional Base Conxuntos 2020, o luns sairán os conxuntos prebenxamín e alevíns. Entre o mércores 17 e sábado 20 de marzo competirán os dous conxuntos senior, o conxunto junior e infantil de nivel absoluto. Con estes nacionais, que se celebrarán en Valencia, os clubs Ximnasia Pavillón Ourense e Escola Pavillón poderán por fin dar por finalizada a tempada 2020 de rítmica.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00