Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Medra o interés estranxeiro polo mercado inmobiliario da Costa da Morte

O deficiente servizo de internet é o principal problema para a decisión de compra

Laxe / Radio Nordés

Laxe

Costa da Morte

A pandemia mundial da covid-19 está provocando un importante cambio no mercado inmobiliario co incremento do interese por zonas rurais en detrimento das cidades.

A Costa da Morte non é allea a estes cambios e as inmobiliarias están experimentando unha crecente demanda de vivendas en zonas rurais. O perfil do demandante é o de persoas de máis de 40 anos con alto poder adquisitivo que buscan mellorar a súa calidade de vida en zonas tranquilas, cun clima suave e con boa conexión cos aeroportos.

Segundo Rubén Allegue, de Remax Riazor, están recibindo un importante número de consultas dende lugares como a República Checa, Inglaterra, Francia ou Irlanda. Por enriba da paisaxe, da gastronomía, do prezo ou das conexións por estrada, a primeira pregunta sempre é se as vivendas teñen boa conexión de internet. O auxe do teletraballo é un dos factores que favorece este mercado pero a escasa implantación da fibra óptica na zona está supoñendo un lastre.

Unha boa calidade de internet é o requisito indispensable para tódolos potenciais clientes sendo urxente que as administracións actúen para mellorar o servizo e favorecer a chegada destes novos veciños que traerían riqueza á comarca contribuíndo a revalorizar moitas propiedades que en algúns casos levan anos abandonadas, esta nova realidade dálles unha nova oportunidade.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir