Deportes
CB breogan

Iván Cruz, libre tras superar a Covid-19

O xogador celeste regresa á cancha con ganas de recuperar o tempo perdido e aproveitando o parón para coller rimo de competición

Iván Cruz nun adestramento no Pazo / Twitter CB Breogán

Lugo

Liberado tras 15 días de illamento ó dar positivo por Covid-19, así está o xogador breoganista Iván Cruz. Agás "un par de días" nos que tivo algunha molestia, Cruz levou peor o estar pechado e sen poder adestrar que outra cousa. "En casa, solo... foi o peor", di.

Sen secuelas, nin cansancio, nin fatiga, Iván Cruz xa puido volver pisar o Pazo Universitario dos deportes e reencontrarse cos seus compañeiros. Unha familia que medrou dende a súa marcha cara á convocatoria pola selección española de 3x3. "Xa puiden coñecer a Israel e lévome moi ben con el, agora aproveitando estes días para integralo ben no grupo" apunta o xogador.

O perigo de abandonar a burbulla habitual na que se atopan os xogadores do Leite Río Breogán este ano supoñía sobre perigo: lesións e coronavirus. Xa o advertía o adestrador, Diego Epifanio, nunha rolda de prensa, "as fiestras FIBA nunca axudan" e esta tempada menos. E é que Cruz recoñece a dúbida que se lle prantexou canto a selección o chamou. Por un lado "é todo un orgullo que conten contigo para representar o país", pero sabíase que, "malia as medidas de seguridade tomadas, podíaste contaxiar no aeroporto ou en calquera sitio. Eu non sei onde o collín", recoñece Cruz.

Unha vez pasada a enfermidade, sen maior complicación, o xogador regresa ó Fogar do Breogán disposto a dalo todo no arrinque da segunda fase da Liga, a fase decisiva. Chegan as citas máis importantes da tempada, as que decidirán a loita polo ascenso á ACB. Tralo adiamento do partido de Lleida, os de Epifanio comezarán a andaina neste segundo treito de campaña o 20 de marzo na casa, ante o Granada. Un equipo que pelexará polo memso obxectivo que os lucenses.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00