Publicada a convocatoria de axudas para deportistas individuais de Ourense
A publicación no BOP do día 6 de marzo abre un prazo de un mes para poder presentar as solicitudes
Ourense
O Boletín Oficial da Provincia publicou o pasado sábado o extracto da convocatoria pública de becas a deportistas individuais do Consello Municipal de Deportes(CMD) de Ourense para o ano 2021.
As persoas interesadas disporán, dende o día da publicación, 6 de marzo, do prazo de un mes para presentar as solicitudes, Estas deberán facerse mediante impreso normalizado que se facilitará nas dependencias administrativas do Consello Municipal de Deportes, situadas na Avd. Pardo de Cela, número 2, lugar no que tamén se poderá rexistrar as solicitudes, xunto coa sede electrónica do CMD.
O CMD destinará unha partida de 20.000 euros dos seus orzamentos a esta convocatoria, que pretende contribuír á mellora e ao perfeccionamento de deportistas que destaquen na súa participación en competicións oficiais de carácter individual nas distintas modalidades deportivas, dándolle cobertura a parte dos gastos derivados da súa actividade.
A convocatoria prevé dous tipos de axudas, coas súas correspondentes categorías:
De iniciación: destinadas a deportistas menores de 18 anos, que poderán chegar até un máximo de 250 euros.
De cualificación. destinadas a deportistas maiores de 18 anos, incluídos, que poderán chegar até os 950 euros.
Poderán solicitar as axudas os deportistas empadroados no Concello de Ourense, que dispoñan de licenza en vigor pola Federación Deportiva Galega da súa modalidade deportiva. No caso de modalidades deportivas non integradas en federacións galegas, será considerada a licenza estatal. Tamén deberán presentar certificado do mellor resultado obtivo, emitido pola Federación do seu deporte.
A información estará a la disposición da cidadanía no espazo wed do Concello Municipal de Deportes www.deportesourense.com, onde se poderán descargar as Bases e Anexos da Convocatoria e da Sede electrónica do Consello Municipal de Deportes. Achegamos anexo cos criterios de e tipos de bolsas.