O complexo deportivo de Monterrei abre a súa zona deportiva ao público
A reforma do Complexo Deportivo de Monterrei contará cunha zona deportiva e unha zona acuática como dous partes diferenciadas
Ourense
A reforma do Complexo Deportivo de Monterrei contará cunha zona deportiva e unha zona acuática como dous partes diferenciadas e independientes. O orzamento total da actuación roldará ps 10 millóns de euros e será confinanciado ao 50% entre Xunta de Galicia e Deputación de Ourense.
O Complexo Deportivo de Monterrei, sito no concello ourensán de Pereiro de Aguiar, vén de poñer a disposición do público a súa zona deportiva que conta cun pump track indoor para bicicleta BTT e deportes urbanos, ademais dunha pista polideportiva descuberta, unha pista de tenis cuberta e outra descuberta, dúas pistas de pádel cubertas e outras dúas descubertas e a amplición da cuberta da pista de atletismo. A obras da devandita zona deportiva tiveron un orzamento de 1.022.866,17 euros.
A reforma do Complexo Deportivo de Monterrey contará cunha zona deportiva e unha zona acuática como dous partes diferenciadas e independentes. O orzamento total da actuación roldará os 10 millóns de euros e será confinanciado ao 50% entre Xunta de Galicia e Deputación de Ourense.
Cómpre lembrar que o proxecto da parte acuática foi adxudicado no último trimestre de 2020 e consta de tres fases diferenciadas: a piscina familiar, a piscina infantil e os tobogáns de adrenalina. Durante a execuación das obras poderanse utilizar en todo momento as instalacións xa existentes ou finalizadas. O orzamento da parte acuática alcanzará os 8.809,35 euros.
A actuación proxectada ten unha clara vocación de servizo ao público xeral, dirixida prioritariamente á xeneralización da práctica da actividades físicas en todo momento as instalacións xa existentes. As novas instalacións permitirán ampliar a actual oferta deportiva e, sobre todo, acadar a súa desestacionalización dando servizo os 365 días do ano.
O futuro parque terá en conta as posibilidades de lecer que rodean a este espazo e que forman parte do actual complexo mantendo a contorna natural os espazos verdes e a vexetación existente, creando un lugar agradable para os seus visitantes. O complexo deportivo de Monterrei converterase desde xeito nunha referencia de adaptación ao medio e ao entorno natural que rodea o espazo e, por suposto, de sustentabilidade. A eficacia na xestión e a eficiencia enerxética serán aspectos fundamentais para obter unha instalación co maior rendemento social e económico posible.