Vivindo A Costa da MorteVivindo A Costa da Morte
Sociedad | Actualidad
A Costa da Morte

Palmeiras, buxos e cítricos esnaquizados polas pragas

Xardíns e hortas da bisbarra notan os efectos das pestes

Entrevista a Javier Cumplido (18/03/2021)

Entrevista a Javier Cumplido (18/03/2021)

07:15

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1616082466_010507/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

A Costa da Morte non é allea á presenza de distintas pragas que están a asolar hortas e xardíns de todo o país. Nos últimos anos a máis mediática foi a couza da pataca, vaga que asolou cultivos na bisbarra e que obrigou a suspender a plantación do tubérculo, así como a destruir infinidade de quilos deste produto. Pero o da couza non é o único problema co que pelexan os expertos. Palmeiras, buxos e cítricos están a desaparecer da nosa paisaxe. Trátase de enimigos importados e que atacan con voracidade a estas especies tan comúns.

O buxo é un arbusto típico en Galicia, cunha madeira moi valorada que acostuma a utilizarse para a construcción de culleres, pratos ou mesmo gaitas. Pero a súa función principal soe ser ornamental. Os mal chamados setos en realidade son buxos coidadosamente podados e que dibuxan formas variadas. Dende hai sete anos pulgóns e fungos os están facendo desaparecer, sen que os donos sexan capaces de combatilos. A praga ataca rápidamente e en poucas semanas seca o arbusto.

As palmeiras non son unha árbore autóctona, obviamente, pero a súa presenza está moi espallada en Galicia. Paseos marítimos, prazas e xardíns contan cunha cantidade importante dunha especie que está sendo exterminada polo picudo, un insecto que se instala na raíz ou nas partes baixas das palmeiras e que as consume ata rematar con elas. Por se fose pouco, o picudo deixa na árbore unha bacteria que axuda a que a madeira apodreza rápidamente. A orixe da praga está en Elxe, onde as autoridades tomaron moi en serio a ameaza. Alí, con máis de 200.000 palmeiras nas súas rúas, cortaron rápidamente a extensión da praga eliminando a tódolos exemplares afectados. Pero o picudo acabou viaxando por toda a península e Galicia non quedou á marxe. Diversos concellos do Barbanza ou as palmeiras da Alameda santiaguesa xa padeceron a presenza do insecto. Pouco a pouco se extende de sur a norte e no concello costeiro de Carnota xa é evidente o seu impacto. As palmeiras están sendo arrincadas, podadas ou tratadas, sendo xa excepción as que se manteñen sans.

Caso similar é o dos cítricos, onde as enfermidades que os asolan obrigaron a suspender a venda destas árbores. Limoeiros e laranxeiras murchan e empezan a ser xa rara avis nos poucos xardíns nas que inda sobreviven.

Tratamentos caros e necesidade de coordinar a loita

Javier Cumplido, de Comercial Agrícola Benedicto cre que a falta dunha política homoxenea para combatir estas pragas está sendo un lastre. "De pouco serve que ti te impliques na loita se a pouca distancia non se fai nada. Os tratamentos contra estas especies requiren constancia. En Galicia creo que só en Oleiros notifican a obriga de talar ou eliminar os exemplares de palmeira que están enfermos" asegura. Pero ese non é o único obstáculo. No caso dos cítricos, os tratamentos para salvalos custan uns 50 euros por árbore e acostuman a ser útiles durante 3 ou 4 meses, o que ocasiona que a maior parte dos afectados opte por arrincar os cítricos das hortas. No tocante ás palmeiras a situación é inda peor, xa que cada exemplar enfermo obriga a un gasto de 300 euros cada 3 meses, unhas cantidades que son inasumibles incluso para algúns concellos que adornan con palmeiras as súas prazas e xardíns.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00