Lunes, 12 de Abril de 2021

Otras localidades

Carballo

Detidos un home e unha muller de Carballo por roubar en casas de maiores do rural

Patrulla da Garda Civil

Patrulla da Garda Civil / Garda Civil (Arquivo)

O Equipo de Patrimonio da Unidade Orgánica de Policía Xudicial ( UOPJ) da Garda Civil da Comandancia da Coruña detivo a un home e a unha muller, veciños de Carballo, como presuntos autores de tres delitos de roubo e dous delitos de furto no marco da 'Operación Carrizo'.

A mencionada operación iniciouse por mor dos ilícitos contra o patrimonio ocorridos nos Concellos da Laracha e Serra de Outes. No transcurso da mesma, os axentes da Garda Civil constataron que estes ilícitos foran realizados con igual modus operandi.

Así, os agora detidos localizaban vivendas en zonas rurais con baixa densidade de poboación e cuxos moradores fosen normalmente persoas de avanzada idade con algún problema de mobilidade ou auditivo que os fixesen máis vulnerables, aproveitando dita circunstancia para acceder ao domicilio e perpetrar os ilícitos.

Detención

Os investigadores lograron a identificación plena dos presuntos autores, sendo estes coñecidos das forzas de seguridade por ilícitos de diversa índole.

Unha vez coñecida a identidade, a Garda Civil procedeu á execución da mencionada operación, sorprendendo aos detidos cando trataban de acceder a un domicilio na parroquia de Erboedo (A Laracha), intervíndolles diñeiro en efectivo, efectos froito dos roubos perpetrados e o vehículo no que se desprazaban.

Os detidos, xunto coas actuacións realizadas e os efectos intervidos, foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución nº 3 de Carballo.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?