Sociedad
A Costa da Morte

Novas restricións para Camariñas, Laxe, Ponteceso e A Laracha

A hostalería deberá reducir os seus aforos

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, preside unha reunión do comité clínico / Xunta Arquivo

A reunión do comité clínico de hoxe martes deixou novidades para dous concellos da Costa da Morte. A Laracha e Camariñas únense a Laxe e Ponteceso como municipios no nivel medio de restricións, o que implica reducir os aforos na hostalería.

A partir do venres bares e cafeterías poderán ocupar o 30% do seu aforo no interior dos locais e o 50% por certo das terrazas. O resto de concellos da bisbarra traballarán cun aforo do 50% no interior e 75% no exterior.

A área sanitaria Coruña-Cee continúa sendo a que ten maior incidencia en Galicia, manténdose cerca dos mil casos activos (955 en concreto). Un rexistro que equivalen á suma dos casos activos de Vigo, Santiago e Pontevedra.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00