Margarita Ledo: "A historia de Pontesa representa a moitísimas mulleres da miña xeración"
A cineasta presenta a sú película sobre a fábrica do Grupo Álvarez
Vigo
O Grupo de Empresas Álvarez, o peche de Pontesa e miles de mulleres galegas que accederon o mercado laboral en pleno franquismo. Nunha sociedade machista, nunha sociedade onde as mulleres non tiñan voz, esas traballadoras pudieron comezar unha loita de visibilidade, de independencia e de reivindicación laboral. Margarita Ledo, escritora, académica e cineasta ofrece en Nación unha historia que ela mesma ten claro que representan a moitísimas mulleres daquela época. Era chegar ao mercado laboral cunhas condicións paupérrimas, en turnos maratonianos e coa obligatoriedade de compatibilizalo coas labores domésticas. Pero tamén foron pasos para que a muller non fora tan dependente do home. Moitas das súas reivindicacións, desas traballadoras da fábrica de louza, aínda a día de hoxe seguen tendo moita vixencia. Con Margarita Ledo charlamos de Nación en Hoy por Hoy Vigo. Unha película que chega a máis de 15 salas en toda España e que xa conta con dúas candidaturas aos Premios Mestre Mateo ao mellor documental e a música orixinal.
Entrevista a Margarita Ledo por el estreno de Nación
06:25
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1616767059_994750/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>