Lunes, 12 de Abril de 2021

Otras localidades

A Costa da Morte

Evacuada en helicóptero unha muller ferida nunha zona de difícil acceso de Cabana de Bergantiños

Helicóptero Pesca 1

Helicóptero Pesca 1 / Xunta de Galicia (Arquivo)

Unha muller que resultou ferida nunha zona de difícil acceso nas proximidades da capela de Santa Mariña, en Cabana de Bergantiños  foi evacuada en helicóptero.

Segundo detallou o 112 Galicia, os feitos tiveron lugar sobre as 12,45 horas deste sábado, cando unha muller sufriu unha ferida nun pé camiñaba por un paseo fluvial na parroquia de Corcoesto de Cabana de Bergantiños e o seu acompañante contactou co servizo de emerxencias para pedir axuda para atendela.

Así, esta persoa explicou que ambos se atopaban entre a capela de Santa Mariña e o encoro do río Anllóns e o 112 Galicia deu aviso do ocorrido aos profesionais sanitarios, que, debido ás condicións do terreo, solicitaron a colaboración de efectivos de rescate.

Deste xeito, o centro integrado de atención ás emerxencias requiriu a intervención de Gardacostas de Galicia, que mobilizou o helicóptero Pesca 1, que evacuou á muller ata o aeroporto da Coruña, onde foi recollida por unha ambulancia.

Ademais, o operativo de rescate contou coa intervención os bombeiros de Bergantiños, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Ponteceso e axentes da Garda Civil. O 112 Galicia tamén deu aviso do ocorrido a Salvamento Marítimo.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?